jueves, 29 de mayo de 2014

EXPO DO MUNDO

Para recoñecer países do mundo e o mapamundi, cada neno/a elixiu un país sobre o que investigar.
Ademais de saber situalo no mapamundi e contarnos cousas importantes e curiosas do país elixido, tiñan que buscar o xeito de expoñer a súa investigación. Podía ser en formato papel, mural, dixital, oral....
Aquí tedes a nosa exposición.


MAPAS INTERACTIVOS

Estamos traballando os mapas, as escalas, os continentes, as comunidades autónomas, as provincias, os ríos e montañas.... e as veces pode resultar un pouquiño arduo e aburrido. Por iso, poñemos aquí un enlace a xogos de mapas interactivos para poder practicar xogando.
Acabaredes sabendo os nomes dos 5 continentes?? os das 17 Comunidades Autónomas?? Alomenos 10 países de Europa??
Pos se conseguides facelo (sen mirar) NORABOA!!!

PICADE NA IMAXE
MAPAMUNDI


EUROPA


ESPAÑA
Comunidades Autónomas


Provincias  de España


GALICIA

martes, 20 de mayo de 2014

GYMKANA ECOLÓXICA

Despois de visitar o Parque de Bens, e ter un taller na aula sobre a reciclaxe, fixemos a nosa propia Gymkana Ecolóxica por equipos.
Eliximos 3 capitáns que foron os que puxéronse dacordo para facer os seus equipos.
  1. LUCÍA SESAR: Janira, Hugo, Antía e Rubén.
  2. LUCÍA IGLESIAS: Marta, Álex Varela, Fran e Álex Jiménez.
  3. XURXO: Gabriel, Dani e Cynthia 
A Gymkana constaba de 5 probas relacionadas cos contedores de lixo, os animais, a roupa esquecida, vocabulario de reciclaxe e o vertido de residuos ao mar.
E, para rematar, todos fixemos unha proba final ao mesmo tempo que tiña que ver co alfabeto braille.
Aquí quédanvos algunhas das fotos do xogo.



viernes, 25 de abril de 2014

VISITA AO PARQUE DE BENS

Antes das vacacións de semana santa, fixemos unha visita á PLANTA DE COGENERACIÓN DE BENS (antigo vertedoiro da cidade).
Tivemos un par de actividades previas á visita cun vídeo divulgativo e un xogo "Separa e gaña" coa fin de introducir aos nenos e nenas na Educación Medioambiental.
A saída estivo organizada polo Concello de A Coruña no seu "Plan de Divulgación e Educación Mediomabiental"

Os obxectivos deste programa son:
  • Profundizar cos participantes no actual Plan de Tratamento de Residuos Urbanos de A Coruña.
  • Informar das diferentes alternativas existentes para a eliminación e o tratamento dos RU, as súas ventaxas e desventaxas.
  • Modificar as actitudes persoais en busca dunha mellora dos comportamentos ante os residuos.
  • Motivar á poboación escolar para que participe activamente no plan de tratamento desde a recollida selectiva e a separación na orixe.

sábado, 19 de abril de 2014

O NOSO TRABALLO SOBRE O UNIVERSO

Despois de tanto e tanto traballar sobre este tema, seguro que ninguén tén dúbidas sobre que é o Sol, a Lúa, a Terra, o Sistema Solar, os planetas...
Aprendimos a buscar a información importante nun texto, sintetizalo, organizalo, diseñar o noso propio IMPRESS con textos e imaxes; e ademais aprendimos a insertar pequenos vídeos relacionados co tema.
Un mes levounos facer todo isto, e aínda que é moito o tempo invertido, cremos que temos que aprender máis cousas que as que podemos atopar nun libro de texto. Por iso estamos tan contentos co noso traballo.
É unha pena que non podamos colgar aquí os nosos impress do universo, pero si que ides ver algúns dos nosos esquemas.








sábado, 8 de marzo de 2014

RECUNCHO DO SABER: PRIMEIRAS MULLERES ASTRONAUTAS


O día 8 de Marzo, celébrase o Día Mundial da Muller, como recoñecemento á loita  das mulleres ao longo da historia para conseguir unha sociedade de igualdade para homes e mulleres.
E como estamos co tema do Universo, parecéume interesante saber un pouquiño sobre as primeiras mulleres astronautas que atopei na páxina recomendada por Hugo: ASTROMÍA

miércoles, 5 de marzo de 2014

PÁXINA WEB DA NASA

O Espazo, o Sol, a Terra, o Sistema Solar, experiencias, curiosidades, actividades, xogos.... son moitas das cousas que podedes atopar na páxina da NASA para nenos.
Visitade o seu menú e veredes a cantidade de actividades que podedes facer.
Déixovos os enlaces de cada apartado, só tedes que premer enriba da imaxe e.... 
A DISFRUTAR, APRENDER E XOGAR!!!!
EXPLORA

CREA

XOGA

lunes, 24 de febrero de 2014

O SISTEMA SOLAR

Uns pequenos apuntes e curiosidades sobre o nacemento e a evolución do noso Sistema Solar, o Sol, a Terra, a Lúa e os planetas que o conforman.

PREME SOBRE AS IMAXES










O UNIVERSO E O SISTEMA SOLAR

Xa levamos catro cursos estudando este tema polo que, este ano, decidimos traballalo doutro xeito diferente. Estamos a facer unha presentación de diapositivas con Libre Office Impress (equivalente ao Power Point). 
Cada traballo ten que ter:
  1. PORTADA
  2. ÍNDICE
  3. CONTIDOS
  4. FONTES DE INFORMACIÓN
  5. CONTRAPORTADA

Aparentemente pode parecer un traballo doado e similar ao que fixemos de Mandela pero, a diferencia é que, nesta ocasión ímos engadir hiperligazóns con pequenos vídeos ilustrativos do que estamos a falar. Deste xeito, poderemos ver, en vivo e en directo, animacións sobre o Sol, a Terra, a Lúa, o Espazo, o Universo.

A organización do traballo debe ser:
  1. CREAR UNHA CARPETA CHAMADA "UNIVERSO" e dentro dela CREAR UN ARQUIVO DE WRITER, "BORRADOR UNIVERSO" e outro ARQUIVO DE IMPRESS, "UNIVERSO"
  2. ELABORAR UN ÍNDICE DOS PUNTOS A TRATAR
  3. SELECCIONAR A INFORMACIÓN QUE TEN QUE APARECER EN CADA UN DOS APARTADOS DO TEMA
  4. TRABALLAR O TEXTO NO BORRADOR DE WRITER
  5. MONTAR O TEXTO NAS DIAPOSITIVAS NO IMPRESS
  6. ATOPAR VÍDEOS NA INTERNET E FACER HIPERLIGAZÓNS AS IMAXES ELIXIDAS
  7. ORGANIZAR E DESEÑAR CADA DIAPOSITIVA
  8. ANIMAR OS ELEMENTOS DAS DIAPOSITIVAS
  9. ELABORAR UNHA LISTAXE DAS FONTES DE INFORMACIÓN UTILIZADAS: páxinas web, libro de texto, vídeos...