viernes, 25 de abril de 2014

VISITA AO PARQUE DE BENS

Antes das vacacións de semana santa, fixemos unha visita á PLANTA DE COGENERACIÓN DE BENS (antigo vertedoiro da cidade).
Tivemos un par de actividades previas á visita cun vídeo divulgativo e un xogo "Separa e gaña" coa fin de introducir aos nenos e nenas na Educación Medioambiental.
A saída estivo organizada polo Concello de A Coruña no seu "Plan de Divulgación e Educación Mediomabiental"

Os obxectivos deste programa son:
  • Profundizar cos participantes no actual Plan de Tratamento de Residuos Urbanos de A Coruña.
  • Informar das diferentes alternativas existentes para a eliminación e o tratamento dos RU, as súas ventaxas e desventaxas.
  • Modificar as actitudes persoais en busca dunha mellora dos comportamentos ante os residuos.
  • Motivar á poboación escolar para que participe activamente no plan de tratamento desde a recollida selectiva e a separación na orixe.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Moitas grazas polo teu comentario.